|
|
|

GALIOCIO creouse pensando na seriedade, dinamismo e constancia, que dende o 1995 ven desenvolvendo ano a ano, incorporando materiais innovadores, pensando sempre no noso cometido que é a organización de festas infantís, e desenrolando a nosa laboura sempre cos nenos.
Nas festas que organiza GALIOCIO destaca, que os nosos clientes despreocupanse, dada a confianza que lles merecemos, xa que ofrecemos:
Un equipo de monitores de incalculable valía, sempre acompañado dunha persoa especializada na organización, e capacitada para tomar decisións in situ según a evolución de cada festa. Unha longa e variada relación de excelentes atracións, obradoiros, etc.
GALIOCIO ten unha carteira de clientes mui extensa:
Concellos, Colexios, Asociacións, Fundacións, Centros Comerciais, Empresas Públicas e Privadas, Institucións, etc.
MOTIVOS PARA REALIZAR UNHA FESTA INFANTIL
• Institucionalización e celebración do DÍA do NENO.
• Acontecementos deportivos, xornadas emblemáticas.
• Inauguracións, Fins de curso, Reclamo Publicitario.
• Semanas Culturais, Actos Conmemorativos.
• Obras sociais, Festas Patronais,etc.
NECESIDADES TECNICAS
Para o desenvolvemento da festa infantil de GALIOCIO, a parte contratante so terá que dispoñer de:
• Un espacio chao, cuberto (ou o aire libre se a previsión non é de vento, choiva ou tronada), e limpo (sin refugallos, pedras, cristais, alambres, terra, area, etc.), dado que os nenos para desplazarse de aparello en aparello van descalzos, e GALIOCIO pensa en evitar riscos.
• Suministro eléctrico, acorde ó volume do parque contratado (consultar).
• Toma de auga nalgúns casos (consultar).
|
 |